Julia (71′, 2022)

Julia documenta a extinción e abandono do rural, tal e como o coñecemos, ao través dos ollos da súa protagonista; una avoa de 87 anos de idade coa esperanza de salvar as súas raíces e de lles comunicar a súa importancia ás xeracións que han de vir.

 
PUBLIC&JURY AWARD BEST FILM
 

”A miña é a última xeración de agricultores da familia

Coa esperanza de que o relevo xeracional se cumpra e de que os bisnetos garantan un futuro digno para o rural, Julia reivindica a importancia do papel da muller no agro, creando referentes; é memoria histórica e unha chamada de atención: se esquecemos de onde vimos, nunca saberemos a onde imos.

Agradecementos