Equipo

  • Carlos F. Blanco

    EDITOR

    Con máis de 8 anos de experiencia traballando como editor con varios directores e clientes en Reino Unido e España, Carlos ama contar historias con significado e o desafio que implica resolver o quebracabezas para contar unha historia do mellor xeito.

  • Leticia T. Blanco

    ETALONAXE

    Leticia é colorista dende o rural. Os seus ollos entenden as cores do campo galego e acompañan a narrativa das historias de xeito sublime e sensible.

    www.leticiatblanco.com

  • La Panificadora

    POSPRODUCIÓN DE SON

    Con un Goya ao mellor son, David Machado é o capitan da Panificadora Estudios, un dos mellores estudos de son de Galicia. Grazas a David, Julia tamen é unha experiencia sonora.

    www.lapanificadora.com

  • Baiuca

    BANDA SONORA

    Alex Guillán é un DJ galego recoñecido internacionalmente por misturar música popular galega con electrónica. Combinando pasado e futuro, as cancións de Baiuca fusiónanse perfectamente coa narrativa de Julia.

  • XLR & Aliboria

    BANDA SONORA

    Xosé Lois Romero é un multiinstrumentista, compositor e docente galego, fundamental na música galega dos últimos 30 anos. Aliboria, é un grupo de voces femeninas e percusión tradicionais, que redefine a maneira de afrontar a música galega de raíz.

    www.xoseloisromero.com