Ficha técnica

DOCUMENTAL/ GALICIA / ESPAÑA / 2022 / 71m:00s / 5.1 / DCP 2K - Guión e Dirección JACOBO LAGÜELA Reparto JULIA BARRIO DIAZ Lugares de Rodaje GALICIA (ESPAÑA) Productora MATE ESTUDIO info@matestudio.es Distribuidora CITYBLUE FILMS fernandopazin@citybluefilms.com Tel: +34 617 650 444

Sinopse

Este filme documenta a extinción e o abandono do rural como o coñecemos ao través dos ollos da súa protagonista. Realiza un percorrido pola vida de Julia e invita aos espectadores a unha viaxe lento entre pasado e presente; no que se pode apreciar o declive do campo español nos últimos 70 anos. Coa esperanza de que o relevo xeracional se cumpla, e de que os bisnetos collan as rendas para garantir un futuro digno para o rural, Julia reivindica o papel da muller, é memoria histórica e unha chamada de atención; se esquecemos de onde vimos, nunca saberemos a onde imos.

A miña avoa

Julia sempre foi autosuficiente. Na súa horta, podes atopar calquer tipo de vexetal e froita de tempada e da mellor calidade. No pasado tamén tiña vacas e outros animais pero a día de hoxe só queda un porco, algunhas galiñas e un par de conexos. Toda a familia axudaba nas labores de cultivo e recolección, pero agora a ninguén lle quedan xa nin tempo nin ganas. Ela é a única que se esforza por manter vivo un estilo de vida en vías de extinción e, a pesar de loitar para que as súas fillas tivesen as oportunidades que lle faltaron a ela, sente tristeza cando ve que o relevo xeracional non se vai a producir. Como casi todas as mulleres da súa xeración, a miña avoa non o tivo fácil: traballou fora e dentro da casa, criou 5 fillas e enfrentouse os ós retos dunha sociedade atravesada pola pobreza. Aínda así, conserva un brillo nos ollos capaz de iluminar a vida de todos os que a rodean. Julia é casa, é a loita dos labregos, é o grito do campo, é a esperanza de salvar as nosas raíces; pero sobre todo representa a universalización da avoa do rural.

  • Miña avoa nunca encontrou un espello no cine ou na televisión. Non existen suficientes referentes para as agricultoras e campesiñas, e os que hai son normalmente masculinos. Este filme crea referentes nos que as mulleres do rural se poidan ver reflexadas, e desde os que se poda abrir un debate e compartillar experiencias.

  • Julia pertence a unha xeración de posguerra que creceu no rural galego durante os anos 30. Ela traballou dia e noite para que as súas fillas tiveran as oportunidades que ela nunca tivo. O seu éxito significa o fin do seu estilo de vida e o perigo de que o relevo xeracional no rural nunca se produza.

    Esta historia repítese ao redor do mundo. Julia é unha historia local relevante para unha audiencia global.

  • A xente emigra e os precios non cubren os gastos; xa non vale a pena producir. A guerra da gandería intensiva contra a extensiva pasa factura aos pequenos produtores. En definitiva, o xeito sustentavel en que as xeracións mais vellas entenderon a relación co noso campo está en perigo de extinción.

    Este filme serve como altofalante para a crise que o rural atravesa.

  • Julia non é só un filme, é un proxecto para motivar a transmisión interxeracional dos costumes e valores das nosas avoas ás novas xeracións, usando como vehículo á lingua galega e colocándoa como protagonista do debate.

    Usamos o audiovisual para paliar a ruptura da transmisión interxeracional, fomentando o uso do galego como a lingua principal para a transmisión de valores entre xeracións en calquer tipo de contexto social, revalorizando a nosa identidade e motivando un debate sobre o que merece ser preservado ó través da cotiandade das nosas vidas, creando un vínculo afectivo coa nosa lingua e impulsando a creación de comunidades que se sintan orgullosas do uso galego e a súa cultura como elemento distintivo que as fai únicas e as caracteriza.

    A visión de Julia da realidade é o que se nos leva inculcando dende novas, o que levamos "toda a vida" a escoitar na casa. Este filme salvagarda a nosa memoria histórica, poñendo no centro un diálogo que leva desantendido tempo de máis.

    Julia asigna un propósito ás novas xeracións: lembrar e entender de onde veñen, para saber pra onde van.